Skip to main content
ActualidadeVilalba

A familia Purriños recibe un premio á súa traxectoria profesional

Por 21 Marzo, 2018Sin comentarios

Os premios BodasF quixeron recoñecer o labor de constancia, traballo e esforzo da familia vilalbesa Purriñosnunha gala celebrada en Barcelona. Esta familia vén de recibir un novo recoñecemento pola súa traxectoria no mundo da fotografía diante de 600 persoas. Nesta ocasión, Yolanda foi a encargada de recollelo premio especial Kake Regueira Castro, e xa que foi pola traxectoria da súa familia, o seu pai apareceu por sorpresa, na gala BodasF celebrada no Auditorio Axa de Barcelona.

A fotógrafa vilalbesa mostrouse “feliz e emocionada” por un premio “que foi toda unha honra, e foi moi emocionante que o noso pai aparecese de sorpresa para ese momento. Estaba tan nerviosa que non souben nin o que dixen, pero agora quero adicalo a noso pai que foi e é, xunto á nosa nai, o alicerce máis importante da nosa empresa”, sinalou Yolanda Purriños nas súas redes sociais. Tamén “agradecer a Kake por por ser como é e ensinarnos tanto da profesión. Coñecín a poucas persoas que teñan tanto amor á súa profesión. E grazas  tamén a Federación Española de Profesionais da Fotografía e a Imaxe por ensinarnos tanto da fotografía coas súas cualificacións e por darnos tantos compañeiros de tantos países que creen na fotografía” rematou dicindo a fotógrafa vilalbesa.