O novato CB Terra Chá acumula sete vitorias consecutivas

O equipo de baloncesto de 3ª división CB Restaurante Montero Terra Chá está no seu mellor momento ao levar 7 victorias consecutivas. O CB Terrachá pode presumir de ser o único equipo de Lugo, xunto co San Ciprián, que resiste nesta liga. Este equipo formouse este ano pola fusión de dous equipos, o antigo SDC Garabolos de Lugo e o Restaurante Montero, que por falta de equipos e orzamentos, tiveron que xuntarse e xogar na liga coruñesa.

Esta última xornada ten aínda mais valor, xa que xogaron dous partidos na fin de semana, o primeiro xogado o venres polo equipo vilalbés foi na casa contra o C.B. Laracha M3 onde gañaron 70-67, e ademais impediron o ascenso aos coruñeses.  O outro partido xogouse o sábado contra o Basket Coruña co resultado 46-69, onde gañaron por máis de 20 puntos.

O CB Terra Chá ten aínda un partido pendente, o da xornada 16 contra o Fucobet de Betanzos,  que é líder do grupo aínda que non teñen data para a celebración. Por outra banda, o equipo cadete feminino do club vilalbés logrou este fin de semana o seu primeiro triunfo da tempada ao Lourenzá tras gañar 43-52.

Etiquetas