A Casa Niño de Riotorto abre as súas portas

As obras de acondicionamento da Casa Niño de Riotorto xa remataron e abre as súas portas este venres 23 de marzo. É este un servizo necesario para os veciños do municipio, aínda que tamén estará aberta a residentes doutras localidades cercanas.

A encargada do centro é unha educadora infantil que percibirá por parte da Xunta de Galicia a cantidade de 15.000 euros para material e a reforma do local, e unha renda anual de 19.600 euros durante 3 anos.

O servizo será gratuito para os usuarios e só consta coa limitación de ter cinco nenos por quenda.

Tal e como explicou o alcalde, Clemente Iglesias, “no ano pasado 2017 naceron sete nenos en Riotorto, e cremos que é un servizo primordial, xa que non existe punto de atención á infancia ou garderías na zona, porque non acadamos o numero de nenos necesarios que son vinte de 0 a 3 anos”.

Etiquetas