A Escola de Movemento de Vilalba consegue sete medallas no Nacional de Danza

A Escola de Movemento de Vilalba obtivo no Nacional de Danza celebrado en Burgos un total de sete medallas e conseguiu que seis deles se clasificasen para o mundial.

Este grupo de danza vilalbés presentou nove coreografías das que foron sete as que tiveron distinción: unha de ouro, unha de prata e cinco bronces.

O ouro foi para o grupo Da Romería, a prata para Acro Trolls e os bronces foron para  Cara a Feira do Capón, Habelas hailas, Trolls Revolution, Pippi e Na noite de San Xoán, esta última a pesar do seu bronce, non puido clasificarse para o mundial.

“Estamos moi contentas, foron moi bos resultados, agora a ver o que acontece no Mundial”, di Noelia Blanco profesora de danza.

O Mundial de Danza celebrarase por primeira vez en España e será do 22 ao 30 de xuño en Barcelona. O ano pasado este mesmo grupo partipou en Alemaña, onde obtiveron un sexto e un décimocuarto posto no seu primeiro ano nesta competición.

Este ano, a participación neste campionato suporá o traslado de 40 nenos a Bacelona. Para a Escola de Movemento de Vilalba supón un gran esforzo esconómico polo que realizarán unha serie de actividades para conseguir financiación para dito evento.

Etiquetas