A unidade móvil da ITV agrícola estará en Guitiriz o día 4 de abril

A unidade móvil 4 de inspección técnica de vehículos agrícolas estará o día 4 no Concello de Guitiriz para atender a todos os veciños do termo municipal. A data escollida é o 4 de abril e se situará no polígono industrial de Guitiriz.

O horario habitual de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

Etiquetas