Guitiriz acollerá este verán un campo de traballo internacional

O Concello de Guitiriz acollerá en verán un Campo de Traballo Internacional da Auga e da Pedra, que é unha iniciativa promovida dende o propio concello coa axuda da Dirección Xeral de Voluntariado da Xunta de Galicia.

O campus de traballo será entre o 31 de xullo e o 13 de agosto e está aberta á participación de 20 persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, que realizarán labores de voluntariado de carácter medioambiental e cultural. Trátase da primeira edición desta iniciativa coa que se pretende involucrar aos veciños e as asociacións.

Este campo de traballo ten un orzamento de 16.171 euros dos que a Dirección Xeral de Voluntariado aporta 9.000 euros.

O labor de este traballo estará en identificar, cartografiar e eliminar as especies vexetais invasoras que provocan a perda da biodiversidade da zona.

Os voluntarios tamén informaran do problema de especies invasoras tanto vexetais como animais, ademais de poñer en valor a flora e fauna da zona chairega e os seus recursos naturais.

Ademais colaborarán cos dous grandes eventos da zona, o festival de Pardiñas que se celebrará do 3 ao 5 de agosto, e a Romería Labrega da Chaira, en Os Vilares, os días 12 e 13 de agosto.

A súa estancia no concello complementarase con visitas e excursións a localidades como o Castro de Viladonga, A Serra da Capelada e a costa ferrolá, ademáis das cidades de Lugo e A Coruña.

 

Etiquetas