Curso de monitor de tempo libre en Xermade

O Concello de Xermade organiza un curso de monitor de tempo libre dirixido a todas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos na data de comezo do curso, ademáis do graduado escolar ou graduado en ESO. Comezará o 21 de abril e durará ata o ata o 17 de xuño celebrándose as fins de semana e festivos de ditos meses cunha duración de 20 horas cada dous días.

Será un curso intensivo, con 350 horas divididas en 200 de teoría e 150 horas de práctica. É gratuíto e hai 20 prazas, nas que a preferencia será para os veciños do concello. As inscricións poderán facerse no 982 50 10 01.

Etiquetas