Éxito de participación no Máster de Futbolín de Rábade

Os grandes profesionais do futbolín deronse cita en Rábade para competir no XXI Master Nacional. Participaron 424 xogadores, dos cales había 52 parellas novas, é dicir, 104 xogadores que competían por primeira vez este ano, e que se repartiron entre a cafetería-pub Papyrus e o pabellón do IES Río Miño.

O responsable do club local Bóla Meiga e alma máter do torneo, Lolo Candal, resaltou que, ademais da nutrida participación de parellas de Lugo e doutras provincias galegas, entre os inscritos figuran tamén equipos de case todas as comunidades autónomas. Segundo apuntou, a delegación máis numerosa foi a de León, Salamanca e Valladolid, seguida da de Barcelona e Cantabria. Tamén repuntou a participación das mulleres, xa que houbo 66 xogadoras.

No Máster disputaronse as modalidades de parado,  movemento, combinada, feminina e infantil. As dúas primeiras tiveron tamén tres niveis diferentes. Os distintos premios sumaron un total de 10.000 euros, e houbo dous trofeos especiais: o trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular do máster, e o trofeo David García, para o mellor porteiro.

Cadro de honra do torneo foi:

  • Campión Movemento: Iago Pino de Pontevedra
  • Campión Parado: Dolce Morte (Rafa-Dani) de Barcelona
  • Campión Combinada: Tomás-Paco de Barcelona e Pontevedra
  • Campión Feminina: Angela-Lutxo de Oviedo e Pontevedra
  • Campión Movemento 2º nivel: Ville Toneko de Pontevedra
  • Campión Parado 2º nivel: Planeros de Ortegal-A Coruña
  • Campión Movemento 3º nivel: Pintor Ribón de Lugo
  • Campión Parado 3º nivel: Cafetería Plavia-Est. de Vilalba e Lugo
  • Subcampión Movemento: Phaininda de León
  • Subcampión Parado: Alvaro Torino de Lugo
  • Subcampión Combinada: Iván Ares-Nino de Pontevedra e Lugo
  • Subcampión Feminina: Paula-Alba de A Coruña e Lugo
  • 3º Movemento: Valin Celso de Pontevedra e Lugo
  • 3ºParado: Manuel Jonny de Sarria e Lugo
  • 3º Campión Feminina: María Fany de Asturias
  • 4º Movemento: Juandi-Pedrito de Sevilla
  • 4ºParado: Bubby Unai de Salamanca
  • 4º Campión Feminina: Ayuken de León
  • 5º Movemento: Cortita y al pie de Pontevedra
  • 5ºParado: Meizoso Javi de Barcelona e Lugo
  • 6º Movemento: Lupi-Santi de Pontevedra
  • 6ºParado: Raul Rodrigo de Lugo
  • 7º Movemento: Barci Tomas de Pontevedra
  • 7ºParado: Marineros de Pontevedra
  • 8º Movemento: Cafes C&C de Valencia e Zaragoza
  • 8ºParado: Jou Roberto de Abadín e Lugo

Repartíronse ademais varios premios:

  • Peña mais participativa: Peña O Ortegal de A Coruña
  • P.F.Bola Meiga: Mireia de Barcelona
  • Trofeo mellor xogadora: Lutxi de Pontevedra
  • Trofeo mellor xogador: Rafa de Barcelona
  • Trofeo David García: Rene de León
  • Trofeo Fisterra xogador máis regular: Nino de Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

Etiquetas