Xermade fai unha homenaxe ao Libro Infantil con títeres

A Biblioteca de Xermade celebrará o venres 6 de abril o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cunha sesión de títeres a cargo de Carmen Domench. Esta porá en escena a obra Contos para pasalo de medo ás 6 da tarde.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Ao remate haberá entrega dos premios aos seis gañadores do Certame de Poesía “Nadal 2017”, coa lectura pública dos poemas premiados polos seus autores.

Etiquetas