O PSOE de Muras esixe máis protección contra o lobo

O grupo socialista de Muras solicitou á Xunta de Galicia que aumente as medidas de protección contra o lobo tras terse rexistrado nas últimas datas varias queixas dos gandeiros da zona por ataques deste animal.

Mario Rouco, representante de Medio Rural no Concello, os ataques estanse xeralizando “e os gandeiros necisitan do noso apoio”, polo que insta a chegar a acordos coa Deputación Provincial para chegar a acordos cos concellos limítrofes.

Segundo explica o edil, os gandeiros recibiron varias negativas por parte da Xunta para facer os pagos que palien as perdas económicas dos afectados “alegando que ocultan probas”.

Etiquetas