Vilalba acollerá esta fin de semana a Ruta BTT do Queixo San Simón

O Club ciclista Terra Chá Vilalba celebrará o 8 de abril unha nova edición da Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa na que participarán máis de 250 deportistas, entre os cales, os 250 primeiros recibiron ao anotarse un queixo San Simón da Costa con denominación de orixe de agasallo. Todos os participantes comerán ese mesmo día un cocido no Restaurante Montero.

A ruta, organizada polo Club Ciclista Terra Chá, dará comezo ás 9.00  horas e ao igual que en anos anteriores haberá con 3 percorridos, (40km, 50km e 60km) con diferente desnivel, dificultade técnica e física. Estos serán de libre elección respetando los cortes horarios marcados por la organización.

Este evento coincide coa celebración esta mesma fin de semana da Feria do Queixo de San Simón da Costa en Vilalba.

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, o alcalde de Xermade, Roberto García, o concelleiro de Deportes de Vilalba, Julio Vázquez Otero e o presidente da Asociación Clube Ciclista Terra Chá, Miguel Esmoriz, presentaron esta IV Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa, que conta cunha achega de 2.500 euros para a organización desta proba, para promover así o deporte lucense e dar a coñecer diferentes zonas da provincia.

A IV Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa comeza ás 9:00 horas, con saída e chegada na area recreativa da Madalena, e contará con tres percorridos; un de 40 outro de 50 e o último de 60 quilómetros. As tres probas contan con diferentes niveis de dificultade, así como dificultades técnicas e físicas.

Na organización colaboraron de forma activa a colaboración dos concellos de Vilalba, que promociona o evento; Muras, que financia os dorsais, e Xermade, que aporta o avituallamento aos participantes.

 

Etiquetas