Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A feira da Verza e do Lacón Cocido de Labrada será esta fin de semana

Por 5 Abril, 2018Marzo 21st, 2019Sin comentarios

A Plataforma Pro Labrada organiza un ano máis a Feira da Verza e do Lacón Cocido de Labrada, que será o 7 de abril e que chega nesta ocasión á undécima edición. A celebración comezará ás 11 horas cunha exposición de productos da zona, seguida da  presentación das cestas. Ás 13 horas haberá misa campestre e xa sobre as 14:15, baile coa orquetra Los Trovadores. O acto central será, como en edicións anteriores, o xantar, que será ás 15 horas e onde o menú consistirá en callos, cocido, pan, viño, sobremesa e café, todo isto por 15 euros .

Pola tarde, haberá xogos populares e a entrega de premios, e xa ás 22 horas terá lugar unha gran churrascada cun prezo de 10 euros. Despois, verbena con Los Trovadores e discoteca móbil ata ás 3 da mañá.

Para o xantar e a cea deberán anotarse no Bar de Labrada ou chamando ao 648 20 41 84.