Sesión de formación sobre xordeira en Begonte

Máis dunha trintena de veciños de Begonte reuníronse para formarse sobre Envellecemento e Xordeira. A sesión foi impartida pola logopeda e audióloga Lorena Pernas Cortiñas, que respondeu de forma práctica ás dúbidas e inquedanzas dos asistentes. Ao final da sesión, aqueles participantes que o desexaron sometéronse a unha proba auditiva. O Centro de Día de Begonte, da Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Prevención do Concello de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, continúan así dinamizando a Escola de Coidadores co obxecto de ofrecer formación funcional que promova a mellora da calidade de vida para a comunidade.

Etiquetas