O Concello das Pontes pon en marcha un novo servizo gratuíto de participación cidadá.

O Concello das Pontes porá en marcha un novo servizo gratuíto de participación cidadá que leva o nome Línea Verde, que dará resposta inmediata e servirá de canle directa de comunicación das incidencias no equipamento urbano de As Pontes.

O novo servizo gratuíto Línea verde, que a Concellería de Participación Cidadá pon en marcha a través da web www.lineaverdeaspontes.com é unha iniciativa que a tenente de Alcalde Montserrat García presentaba o tecido asociativo pontés, explicando que se converterá nunha canle de comunicación directa e de balde entre os veciños e o Concello tanto para resolver pequenas incidencias que se podan producir no equipamento urbano máis próximo como para solucionar calquera tipo de dúbida medioambiental que lle xurdan”. Para acceder ao servizo Línea Verde As Pontes basta con conectarse á páxina web www.lineaverdeaspontes.com, ben a través de ordenador ou de dispositivo móbil. Unha vez rexistrado, o usuario poderá poñer en coñecemento do Concello de As Pontes calquera incidencia que detecte no municipio. Ademais, tamén poderá formular calquera consulta a nivel ambiental, a que un equipo de expertos na materia responderalle nun prazo máximo de 24 horas. Para facilitar aínda máis esta nova canle de comunicación, o Concello de As Pontes implantou o servizo Liña Verde tamén a través de dispositivo móbil. Para iso o usuario conéctase á web de Play Store ou APP Store, en función da tecnoloxía empregada no seu dispositivo móbil (Android/IOS).

Procedemento

O procedemento é moi rápido, sinxelo e intuitivo. Para comunicar unha incidencia, abonda con seleccionar a categoría, a aplicación encárgase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se sitúa esta incidencia. Aínda así, o usuario tamén pode facelo manualmente se decide enviar o aviso noutro momento dende outro lugar. Posteriormente, pódese achegar unha foto da incidencia cunha breve descrición. Unha vez enviada, o responsable de departamento correspondente do Concello recibirá notificación da incidencia.A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada, proceso durante o cal o cidadán estará informado da evolución da mesma, e unha vez resolta, recibe tamén unha notificación no seu móbil.

O servizo Liña Verde, según explicou Montserrat García, ademais de tratarse dunha canle de comunicación directa de consultas e incidencias, ofrece ampla información sobre lexislación ambiental, sistemas de xestión, residuos, reciclaxe, contaminación acústica etc… tamén serve como base de consulta sobre trámites administrativos, axudas e subvencións. Liña Verde é un servizo completamente gratuíto. O cidadán ou a empresa de As Pontes pode beneficiarse das vantaxes que ofrece sen necesidade de levar a cabo ningunha contraprestación económica.

Montserrat García fixo especial fincapé en que “Coa implantación deste servizo, o Concello de As Pontes pretende ofrecer aos veciños e empresas unha canle de comunicación directa, rápida, eficaz e participativa, convencidos como estamos de que entre todos facemos As Pontes.”

Con este novo servicio o Concello de As Pontes súmase os mais de 400 Concellos a nivel estatal que contan con Liña Verde, que entre otros recoñecementos recibiu da o Premio Conama 2014 de sostenibilidad, así como o Premio de Calidade 2013 na categoría de Desenvolvemento Urbano otorgado pola Rede Española de Cidades Saludables.

Etiquetas