Euloxio Fernández presenta en Madrid nova obra

A actividade cultural do rabadense Euloxio Fernández continúa imparable. Como director da compañía teatral Tassili teatro, estrenouse estes días en Madrid, na Sala Trovador, a comedia 13 y Martes, dirixida por el e que estará en cartel todos os sábados de abril.

Tassili Teatro ñe unha nova compañía herdeira da lonxeva Máquina Mecánica, que durante anos percorreu boa parte dos escenarios españois. Esta obra é unha peza concebida ao máis puro estilo de comedia polo dramaturgo Jean Pierre Martínez. Nela, a sorte se amosa como única saída ante as dificultades da vida, pero a sempre caprichosa fortuna vai e vén ao longo de toda a obra.

Ademais, esta mesma compañía participará tamén no Festival de Teatro Infantil que organiza la Sala Tarambana de Madrid cunha obra escrita e dirixida por Euloxio Fernandez, Está nevando en la Autovía, unha opereta clown para nenos de 0 a 100 años.

Etiquetas