Skip to main content
ActualidadeCospeito

A próxima Moexmu será do 5 ao 7 de abril de 2019

Por 11 Abril, 2018Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXIV Moexmu de Muimenta informou que a XXXV edición da MOEXMU terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de abril do 2.019 e, a nova comisión organizadora, comenzará a reunirse entre finais do mes de maio e principios do mes de xuño.

Os organizadores fixeron este avance xunto cunha carta que agracemento coa que queren, a través dos medios de comunicación e redes sociais, dar as GRACIAS a tod@s e cada un dos veciñ@s, expositores, gandeir@s, visitantes, colaboradores, patrocinadores, Acruga, Africor Lugo, a USC e as diferentes Administracións Públicas que fixeron posible, co seu traballo e esforzo, un novo éxito da Mostra Exposición de Muimenta.

Fan extensible ese agradecendo ao Xuíz, José Manuel Paz Condo; ao Deputado provincial de Turismo, Eduardo Vidal, e ao pregoeiro, Juan Carlos Rodríguez, pola súa colaboración, así como o resto de autoridades que asistiron tanto á inauguración como clausura da Mostra. Non queremos esquecer aos xornalistas que, co seu traballo, fan chegar o éxito da MOEXMU, a decana da provincia, a través dos seus medios de comunicación.

Aseguran que o concurso de Gando Frisón consolídase como un referente galego no sector, mantense como o único que se celebra na provincia, e onde, nesta edición, os premios foron máis repartidos entre as diferentes ganderías participantes, sobresaindo Gandería Manteiga (Vila de Cruces – Pontevedra), co premio á vaca campiona, e a Gandería Rei de Miñotelo (de A Pastoriza) co maior número de premios.

Resultou unha grata sorpresa o éxito que tiveron as novas actividades programadas para o domingo, a xornada técnica sobre a “Fertilización orgánica, a gran oportunidade da economía circular”, en colaboración coa empresa Agroamb; e sobre todo a proba puntuable para o IV Campeonato Galego de Can de Palleiro. Seguramente se consoliden ambas actividades en vindeiras edicións da MOEXMU.

Aínda que as condicións climáticas non foron as desexables, de feito, despois de comprobar diariamente as previsións e trala inauguración oficial do venres 6, as prespectivas non eran nada positivas por parte de tod@s, e aínda qye entrou algo de menos público que na edición anterior, algo lóxico co tempo que tivo lugar, os expositores comentaban que o nivel de vendas e contactos que tiveron lugar durante toda a fin de semana foron bos e positivos. De feito moitos deles, deixaron xa o seu espacio reservado para a XXVII Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, que se celebrará o vindeiro primeiro de maio.