Ponte de Outeiro celebra unha nova edición da Festa da Troita

A Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño organiza a súa tradicional VI Festa da Troita do Río Miño os días 13 e 14 de abril en Ponte de Outeiro.

O día 13 será o sorteo dos dorsais e o 14 ás 7 da mañá  concentraranse todos os pescadores, para así, ás 9 horas comezar o concurso e rematalo ás 13 horas, para despois pesar as pezas, facer un xantar de irmandade e entregar os premios ás 17 horas.

Haberá sesión vermú e sobremesa a cargo do dúo Carpe diem  e tamén haberá unha degustación de troitas.

As inscricións, que son de 35 euros, poden facerse chamando ao 609 88 77 19 – 619 70 33 73

Etiquetas