Vilalba acolle unha nova edición da súa tradicional Mostra de Teatro

Vilalba acollerá entre o 13 e o 15 de abril unha nova edición da Mostra de Teatro, que se fai na capital chairega por XIX ocasión. Esta mostra consistirá na representación de varias obras de teatro, unha por xornada no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde e son aptas para todos os públicos agás Hotel Rosamar, que é para maiores de 16 anos. Con respecto ao horario, as dúas primeiras serán ás 21.00 horas mentres que a do domingo dará comezo ás 19.00 horas.

A primeira das obras será o clásico literario Vodas de Sangue,  de Federico García Lorca, unha traxedia de fondo percorrido histórico que estará a cargo da Escola Municipal de teatro de Vilalba.

O sábado será a vez de Hotel Rosamar, unha comedia de de Guillermo Cancelo que porá en escea a Escola Mucicipal de teatro de A Pontenova. Trátase dunha obra para maiores de 16 anos.

Finalmente, o domingo, representarase, ás 19.00  horas, Falsa Flautina, unha obra de Agustín Magán que estará a cargo da Escola Municipal de teatro de Castro de Rei.

Etiquetas