Vilalba acolle o domingo a terceira fase do campionato galego alevín de voleibol

O Pavillón Municipal de Vilalba acollerá  este domingo día 15 unha das catro probas do circuito galego de categoría alevín e o Campionato Provincial benxamín.

Na categoría alevín esta proba é a terceira tras as celebradas en San Sadurniño e Pontevedra, e non se coñecerá o gañador en cada unha das categorías ata finalizadas todas elas. De feito o sistema desta mini competición é sumar puntos en partidos a tres sets que suben a unha clasificación que pode ser consultada na páxina da Federación de Voleibol.

No apartado benxamín a competición si establecerá aos campións desta idade.

A competición arrincará ás 10.00 horas do domingo e se prolongará ata as 20.00 horas con descanso entre as 14.00 e as 16.00 horas.

As previsión son que participan nesta xornada un total de 220 rapaces e rapazas de equipos de toda a provincia na categoría benxamín e de Galicia na alevín.

A presentación de dito evento estivo a cargo do concelleiro de Deportes, Julio Vázquez Otero, e do Secretario Técnico da Federación Galega de Voleibol, José Ramón Baña Suárez.

Etiquetas