Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba celebra a fin de semana a segunda edición do Outside Stocks

Por 12 Abril, 2018Outubro 26th, 2018Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes celebrará a fin de semana do 14 e 15 de abril a segunda edición do OutsideStocks Vilalba. Trátase dun mercado provisional no que haberá todo tipo de marcas de moda con descontos do 40, 50, 60 e 70%, principalmente en roupa, calzado e complementos.

A Outside abrirá as súas portas ás 10.00 horas do sábado nunha carpa situada a tal efecto na praza da Constitución e permanecerán abertos ata a noite.

Esta actividade complementarase co Desfile de Primacera-Verano a cargo das marcas participantes, que será ás 20.00 horas os dous días.