Rematan os obradoiros no IES Terra Chá

No IES da Terra Chá de Castro Ribeiras do Lea xa van rematando os obradoiros impartidos no centro ao abeiro dos contratos programa. Todos os cursos de ESO e FP tiveron oportunidade de ampliar a súa formación ao marxe da actividade estritamente académica.

Así, para o alumnado de 1º de ESO desenvolveuse ao longo de seis sesións lectivas un obradoiro de Educación emocional.

De maior duración foi o obradoiro de teatro para 2º de ESO. Abarcou 14 sesións lectiva dun obradoiro que pretende aproveitar a aula ordinaria dende as distintas materias de linguas. Foi esta unha actividade na que o alumnado divertiuse moito.

Os rapaces de 3º de ESO practicaron ioga ao longo de seis sesións de clase. Ademais de facer exercicio practicaron a relaxación.

Toma de decisión e resolución de conflitos foi a temática do obradoiro que recibiron as alumnas e os alumnos de 4º de ESO ao longo de oito sesións lectivas.

A temática do alumnado de 1º ano de FP Básica foi Educación emocional e Habilidades sociais. Este obradoiro desenvolveuse ao longo de oito sesións lectivas.

Estes obradoiros estiveron a cargo de persoal especialista alleo ao centro e costeáronse a cargo dos cartos procedentes dos Contratos Programa e do orzamento do propio centro educativo.

Etiquetas