Skip to main content
ActualidadeXermade

Unha sentenza obriga ao alcalde de Xermade a devolver o seu salario dun ano

Por 13 Abril, 2018Sin comentarios

O alcalde de Xermade, o socialista Roberto García Pernas, terá que devolver 22.400 euros que cobrou no primeiro ano de mandato (entre xullo de 2015 e xuño de 2016) cando o BNG presentou unha enmenda na que eliminaba a asignación salarial do mandatario e que foi aprobada co apoio do Partido Popular.

O rexidor, tras esta resolución, presentou un recurso ante o xuzgado para invalidar o acordo plenario que lle retirou o soldo aínda que a súa petición non foi aceptada.

Segundo explicaron no seu momento os nacionalistas, o alcalde non pode percibir un salario como tal se mantén a súa condición de funcionario, como axente forestal da Xunta de Galicia. No seu momento, os nacionalistas indicaron que Roberto García cobraba por unha banda o seu saliario como funcionario, de 28.500 euros anuais e tamén os 22.400 de alcalde, o que conlevaría unha xornada laboral superior ás 13 horas, algo que non é así xa que o alcalde non solicitou ningún tipo de reducción.

Pola súa banda, García Pernas asegurou no último pleno que recurrirá esta sentenza porque asegura que debe cobrar as horas de dedicación que ten como alcalde e que sempre contou cun informe favorable da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

O voceiro nacionalista do concello, Óscar González, indicou tras a sentenza que “vese que nós tíñamos razón cando dixemos que o alcalde non podía cobrar esa cantidade de diñero ademais do seu saliario como funcionario”.