A CIG acusa ao Concello de Guitiriz de xestión neglixente co GES

A CIG asegura que o Concello de Guitiriz está a incurrir en varios incumprimentos co persoal do GES (Grupo de Emerxencias Supraminicipal), por non entregar os EPI´s regulamentarios, faltando deste xeito ao ordenado pola Inspección de Traballo, “quen lle dera de prazo ate o 8 de febreiro para entregar a todos os traballadores e traballadoras estas equipacións”.

Desde a CIG consideran “inxustificable esta situación, posto que xa excede dous meses do prazo dado pola propia inspección, o cal indica unha actitude por parte da alcaldesa de Guitiriz de absoluta irresponsabilidade ou de absoluta incompetencia, das cales non sabemos cal é peor, e desde logo en ambos casos impropias da responsabilidade que ostenta”.

Desde a CIG reclaman á Inspección de Traballo de Lugo que proceda a sancionar ao Concello polo incumprimento, e que lle esixa o imediato cumprimento das súas obrigas, “entendendo ademáis que estes incumprimentos atentan contra a seguiridade e saúde dos traballadores do servizo”.

Igualmente denuncian a “imprudente” xestión dun Servizo de Emerxencias, “que pagamos entre todos as cidadás e cidadáns, que cubre catro concellos, e que está sen o persoal suficiente, o que provoca que non se cubran as emerxencias, tal e como pasou recentemente cun lumen un alpendre nunha parroquia de Begonte, ou cunha árbore en risco de caída ao pé dunha estrada”.

“Entendemos que a ineficiencia na xestión dunha alcaldesa non pode baixo nengún concepto un servizo básico para a seguridade da cidadanía como é o GES, e que ademáis estamos a pagar todos e todas as cidadás, pois lembramos que o servizo do GES de Guitiriz está subvencionado ao 100% entre a Xunta de Galiza e a deputación de Lugo, conclúen.

Etiquetas