Skip to main content
ActualidadeCospeito

A Festa da Filloa acollerá unha Exposición de Cans de Raza

Por 17 Abril, 2018Sin comentarios

XXVII edición da Festa de Filloa de Muimenta celebrarase un ano máis o primeiro de maio e, nesta ocasión compartirá espacio coa IV Exposición de Cans de Raza no recinto feiral Manuel Vila.

A organización a Festa da Filloa decidiu incorporar de nova esta celebración debido á importancia que a caza ten na comarca chairega. Todas as persoas que desexen participar nesta mostra exposición, que arrincará ás 9.00 horas e prolongarase ata as 17.00, poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico moexmu@gmail.com ou chamando ao teléfono 982 504 002. Os animais deben cumplir a normativa vixente, é dicir, todos os animais deben dispoñer da súa correspondente cartilla ou documento sanitario e debe estar en poder dos seus donos o día da exposición.

Nesta mostra, na que haberá agasallos para todos os participantes, poderán participar diversas razas: Sabuxo Español, Grifón, Basset Hound, Azul de Gascuña, Basset Leonado, Podencos varios, Braco Alemán, Pointer, Epagneul Bretón, Setters varios, etc. Ademáis habrá trofeos para:

        1. mellor can de raza de caza maior
        2. mellor can de raza de caza menor
        3. mellor cachorro de raza de caza maior
        4. mellor cachorrro de raza de caza menor
        5. mellor reala caza maior (mínimo cinco cans)

Por outra banda, quedan poucos días para que os alumnos dos colexios e institutos da comarca presenten os traballos que participarán na XIX edición do Concurso de Debuxo e Relato – Filloa 2.018. O martes 24 de abril é o último día para que ditos traballos se presenten nas oficinas do Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardonados recibirán os seus premios despois da lectura do pregón da Festa de Interese Turístico de Galicia.