Baamonde acolle o sábado un torneo de clubs de ximnasia rítmica

Un ano máis, o concello de Begonte celebrará o Torneo de Clubs Ximnasia Rítmica Terra Chá, que terá lugar 0 sábado 21 de abril no Pavillón Municipal de Baamonde a partir das 12.00 horas.

A competición dividirase en dous etapas, por una banda, pola mañá, participarán o nivel C e conxuntos de Promoción mentres que a partir das 16.00 horas será a vez do nivel A e individuais de Promoción.

A organización deste evento está a cargo do Club Violeta, que conta cunha gran traxectoria e relevancia no mundo da ximnasia rítmica. Ademais dos diferentes grupos do club anfitrión, participarán as escolas municipais de Begonte, Xove e Castro ademais dos clubs Filigrana, Quicela, Areoura, xirandela, Porta NOrte, Becerreá, Aixa e Viveiro.

Etiquetas