O 22 será a segunda edición da Festa da Troita do río Ladra

O día 22 de abril celebrarase a II Festa da Troita do río Ladra, este ano homenaxeará a Paulino García Castro, un pescador da zona e gran socio da asociación que faleceu o pasado ano.  Esta é unha singular celebración que atrae aos pescadores da zona, con tres modalidades de pesca, lance lixeiro, cebo e cola de rata, esta última é pesca con morte. A festa será nos cotos de Begonte e Pigara do río Ladra.

Ás 7:30 da mañá comenzarán a entregarse as dorsais, ademais dun bocadillo e unha bebida, xa que ás 9:00 horas comezará a xornada de pesca e prolongarase ata a hora do xantar, para facer a entrega de premios e facer as pesadas das pezas. Ás 15:15 horas haberá unha degustación gratuíta de troitas, ademais de comida e a entrega dos trofeos. Este xantar e a sesión vermú estará amenizado polo Dúo Estrellas. Todo isto realizarase nas inmediacións do restaurante Paz y Ana, na beira da N-VI de Rábade a Begonte, ao lado de Finsa.

O prezo para participar é de 30 euros, pero se só se vai a xantar serán 20 euros. A data limite para apuntarse é o venres 20 de abril, e podense apuntar no bar Cruz de Rábade, no bar Ponte Miraz de Begonte, Casa Alejandro de Insua-Vilalba ou falar co presidente no 600417571.

Haberá trofeos para o pescador máis veterán, para o pescador máis nóvel, e para as damas que participen haberá dous premios tamén.

 

Etiquetas