Skip to main content
ActualidadeCospeito

O hosteleiro Héctor López será o pregoeiro da Festa da Filloa de Muimenta

Por 19 Abril, 2018Sin comentarios

O hosteleiro e copropietario do Restaurante España Héctor López será o pregoeiro da XXVII edición da Festa da Filloa de Muimenta, que se celebrará, como vén sendo habitual, o 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila.  

A lectura do pregón realizarase antes da recollida de premios dos traballos gañadores do XIX Concurso de Debuxo e Relatao da Filloa 2018. Os traballos gañadores serán expostos durante esa xornada.

O programa desta edición darase a coñecer o 25 de abril, coincidindo co décimo aniversario da publicación no DOG da concesión por parte da Xunta de Galicia, a proposta da Consellería de Innovación e Industria, da distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia, despois da valoración do expediente que se ideou, tramitou e presentou dende a xerencia da MOEXMU.

Igualmente, quedan poucas prazas para acudir ao programa da TVG Luar, o vindeiro 27 de abril, viaxe organizado pola comisión da MOEXMU e da Festa da Filloa deste ano.

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo. a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e numerosas empresas e particulares.