Estudantes de Vilalba visitan Feiraco

Corenta estudantes de cuarto curso de Secundaria e de segundo de Bacharelato do instituto vilalbés Santiago Basanta Silva asistiron a un obradoiro da Rede Eusumo acerca das características da economía social que tivo lugar na Fundación Feiraco (Ames).

José Montes, presidente de AGACA, destacou, como cualidades das cooperativas, a toma democrática de decisións e a distribución equitativa de beneficios, ademais da súa adaptabilidade a todo tipo de sectores produtivos e de servizos.

O alumnado percorreu instalacións da planta de transformación en envasado de leite Feiraco para aprender os pormenores da elaboración dos produtos lácteos, así como o funcionamento da cooperativa, explicado polo persoal da mesma.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Etiquetas