Máis de 550 inscritos na carreira popular de Friol do domingo

A carreira popular de Friol, que ten prevista a súa celebración este domingo bate o seu récord de inscripcións, en total máis de 550, nunha proba que va a máis dentro do calendario atlético galego.

Ante este gran volume de inscritos, a organización da Carreira fará unha entrega de dorsais o sábado 21 de abril das 12:00 ás 14:00 horas no Colexio Público de Friol, co fin de evitar colas de última hora o domingo, ao mesmo tempo farase entrega dunha camiseta conmemorativa da proba aos participantes na carreira absoluta.

A carreira, que completa este ano a sexta edición, terá a saída diante do colexio de Friol, na Praza de España. Dende aí xirarán á dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a gasolineira, collerán a estrada de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collerán a rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez coa Avenida de Lugo. Unha vez que se chegue á altura do colexio, darase unha volta ao mesmo para entrar na meta.

Nesta edición haberá cinco categorías: a absoluta, con saída ás 12:00 horas e percorrerá 5km; a absoluta sub16, a partir das 12:00 con 5km; a sub14 ás 11:40 e 1.400m.; a sub12 ás 11:30 horas e 1.400m; a sub10 ás 11:25 horas farán 700m.; prebenxamín ás 11:20 serán 300m e pitufos ás 11:15 que percorrerán 100m.

Esta edición repartirá os seguintes premios as categorías de menores:

  • Os tres primeiros de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos, que non será competitiva. Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento Carrera Absoluta:
  • Trofeos os tres primeros clasificados de cada categoría.
  • Os tres primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un producto típico da zona
  • Os tres primeiros equipos da categoría masculina e da categoría femenina levarán un trofeo
  • A todos os participantes se lles entregará una camiseta conmemorativa da carreira

Etiquetas