O Concello de Muras contará cun orzamento de preto de 2 millóns de euros

O equipo de goberno de Muras aprobou nun pleno extraordinario o orzamento para 2018, que ascende a 1.873.600 euros, sen contar as subvencións do plan único e o Fondo de Compensación Ambiental. O Partido Popular  abstívose alegando que non tivera tempo de facer un análise do mesmo. O alcalde, Manuel Requeijo indicou que os orzamentos estarán expostos durante quince días para facer as alegacións que se consideren oportunas.

Os orzamentos apostan por unha  liña continuista de reforzo dos servizos sociais e a educación,  nos que investirá 251.865 euros, a metade do orzamento, segundo indicou o alcalde, Manuel Requeijo, que asegurou tamén que seguirán as bolsas a estudantes (18.000 euros) e o apoio  á Anpa do Ceip Antía Cal  con6.500 euros.

Nos orzamentos, tamén hai recollida unha partida de 7.000 euros para o programa de Xantar non Fogar, outra de 5.000 para urxencias sociais, unha de 2.000 para axudas de natalidad e outros 2.400 que se destinarán a asociacións de ámbito municipal.

En canto a proxectos en marcha indicou que o Concello de Muras investirá 60.000 euros na adquisición dos terreos do que será o segundo parque empresarial de Muras, que se situará na Cabana, e para o que xa hai empresas interesadas.

O segundo proxecto municipal no que se traballará será na reforma da piscina municipal, no que se investirán 110.000 euros do orzamento. Finalmente, inclúe tamén 20.000 euros para o arranxo da Ponte Bermuz.

PSOE

Pola súa banda o PSOE indicou que o seu partido votou a favro dos orzamentos polo apoio dos mesmos a varias solicitudes socialistas como seguir traballando nos tres servizos principais do concello (auga, luz e lixo). “Avanzamos, pero aínda queda moito por facer como millorar infraestructuras de internet e TV”, explica Mario Rouco.

O PSOE indicou tamén que o seu grupo seguirá traballando na obra do polígono, nas reunións coas asociacións do concello e outras asociacións para levar adiante as actividades propostas.

Para os socialistas foi imprescindible a aprobación do plan único da Deputación de Lugo 2018, que ascende a 284000 euros, dos cales mais da metade van para vias e obras, “que é do que mais se queixa a xente”, di, entre elas o tan solicitado arranxo do cemiterio municipal.

Inclúen tamén os socialistas a aprobación por parte do grupo de goberno do convenio coa Deputación de Lugo, coa área de Vías e Obras, do Plan extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vias Provinciais, por valor de 645000 euros, para arranxar uns kilómetros das carreteras da Deputación que están en moi mal estado.

Mario Rouco valora positivamente a continuidade de obras como as de Casa Rouco, Casa do Médico, o local social da Cooperativa, o local do Peregrino, escolas unitarias das parroquias, camiños forestais diversos das parroquias e execución do Plan único da Deputación de Lugo do 2017, que paralizouse polo mal tempo e que conta con 150.000 euros e máis de 20 actuacións noutros tantos lugares do concello, como poden ser, rematar o camiño As Cuiñas e o curral nas Cuiñas de Abaixo, que non se fixo ben con coutra actuación da Xunta.

“Servizos municipais, do século XXI, como seguir coa administración electrónica, os servizos agropecuarios, a lei de protección de datos, todo para eliminar papeleo e burocracia que cada vez é mais e mais complexa, pois cada vez é peor facer calquer cousa no concello, engade.

Apoian os socialistas o capítulo que respalda a formación e os servizos turísticos e de lecer mediante un plan de actividades ao longo do ano, onde inclúen como eventos principais o San Pedro de Muras, a Romaxe Artesá da Chaira, a Feira do Poldro e a Feira do Mel, sen esquecer elementos dinamizadores como o Trail das Bestas, cantos de taberna ou roteiros e actividades coas asociacións do concello, e as actividades formativas na figura dos obradoiros , cursos e charlas ao longo deste 2018.

Etiquetas