Polémica no Concurso de Tapas do Queixo San Simón

A última edición do Concurso de Tapas do Queixo de San Simón rematou con polémica por mór das votacións. A controversia foi polo reconto do sistema de votos emitidos polo público, xa que destes saen os clasificados para participar na final e optar ao premio outorgado polo xurado.

Despois de contar os votos, os finalistas foron, en tapa tradicional, O Barrio, con 9,370 puntos; Bar Vanesa, con 9,074; Estudiante, con 9,051, e Siglo XX, con 9,045. Pola contra, o bar O Burgo obtivo 9,093 puntos, co que acadaría o segundo posto, pero quedou fóra da final, xa que non conseguiu o mínimo que se estipula de cen tapas, pero este requisito non figuraba nas bases do concurso. O Burgo, despois de recibir a súa puntación, reclamou o seu segundo posto, e pediu desculpas públicas por parte da organización.

Dende a empresa organizadora do certame, xunto coa asociación de queixeiros, pediron disculpas por non incluír nas bases este dato e explicaron que se fixou esta norma para evitar favoritismos nas votacións, e que como non se atopa especificado nas bases, correxiranse si se fai a vindeira edición.

Etiquetas