Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A unidade móbil da ITV agrícola visita o concello de Pol

Por 23 Abril, 2018Sin comentarios

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 10, 11, 14 e 15 de maio no Concello de Pol para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás o día 11 de maio, que só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada en Mosteiro, na plaza de Galicia, ao lado da Casa de Primitivo.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.