O TDM Vilalba despide a Liga cunha vitoria e unha derrota

A última xornada da tempada 17-18 saldouse no pabellón do Mato cunha vitoria do equipo de Segunda Galega, o Basanta Souto, que se impuxo por 4-1 ante o Club do Mar infantil. Partido este moi disputado que estivo sempre controlado polos xogadores locais que co seu bo xogo impuxéronse claramente.

No outro encontro xogado en Vilalba o TDM Basanta Souto A, que xogaba en Terceira Nacional masculina, perdía por un 4-0 ante o CTM Coruña. Con esta derrota despídese o TDM desta categoría, que resultou moi complicada e moi disputada á vez.

Malia a perda de categoría, os mozos xogadores vilalbeses que gañaran o ascenso o ano pasado realizaron unha gran campaña, dándoo todo en todos os partidos e facendo empregarse a fondo aos rivais.

A falta da final da Liga Galega de veteranos que se disputará en Vilalba o 17 de maio, o club chairego proclamouse campión da Segunda Nacional feminina co equipo Sanjurjo Moda e consegue así o ansiado ascenso a Primeira Nacional. En Terceira Nacional acabou en postos de descenso e en Segunda Galega remata en terceira posición cos equipos TDM Basanta Souto.

Etiquetas