Rábade acolle o domingo un torneo de ximnasia rítmica con escolas da Terra Chá

O domingo 29 de abril  terá lugar a I fase do Torneo Escolas Terra Chá de Ximnasia Rítimica, que terá lugar no Pavillón Municipal Eduardo Fernández Villamarín a partir das 17:00h.

Nesta edición está prevista a participación das pequenas das escolas de Vilalba, Guitiriz, Cospeito, Outeiro de Rei, Begonte e Rábade, que presentarán o froito do traballo realizado durante todo o ano.

Nesta exhibición, as ximnastas  acompañaranse de música para manter un ritmo nos seus movementos, realizando unha montaxe axudadas de cintas, pelotas ou mazas.

Trátase de espertar e incentivar o interese e a motivación pola súa participación neste deporte, transmitirlle os elementos básicos da ximnasia rítmica e introducir e afianzar os valores de disciplina e orde persoal e colectivo, indispensables para a práctica deste deporte.

Tódalas participantes recibirán un agasallo de recordo pola súa participación.

Etiquetas