Os maiores de Begonte aprenden a xogar ao Boccia

O Centro de Día de Begonte, que se enmarca dentro da Rede de Centos de Maiores da Xunta de Galicia, acolleu unha demostración de Boccia un deporte adaptado, que estivo a cargo de ADACE, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Aprendizaxe solidaria, que consiste nun intercambio de “saberes” entre as persoas usuarias do centro e persoas/entidades/colectivos externos ao mesmo.

Por medio deste proxecto, os membros de ADACE obtiveron unha mini sesión de teatro e tamén se comprometeron a colaborar co centro no proxecto Redes de Apoyo Mutuo a Personas Mayores con DCA co apoio da Fundación La Caixa.

Etiquetas