Abre o prazo para inscribirse na Feira de Artesanía de Outeiro

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para solicitar un posto na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei o 2 de maio.

Poderán concorrer artesáns e produtores de alimentación a esta convocatoria, que este ano terá lugar o 7 de xullo.

O Concello informou que ofrecerá zonas cubertas a aqueles que non dispoñan de posto propio. As inscricións poden realizarse nos teléfonos 982 393. 382 e 982 393 281.

Etiquetas