Remata o prazo de participación no certame Vilariñas

O #CertameVilariñas2018 convocado pola NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de Soños remata esta noite o prazo para a presentación das micro-poesías VILARIÑAS, certame que se iniciaba o pasado ano con notable éxito de participación (130) e que nesta segunda edición supera xa os 180 traballos presentados.

Nomes ben coñecidos da literatura galega participaram no certame deste ano, no que volven participar os gañadores da primeira edición, Andrea Araújo Alonso, Pedro Rielo Lamela e Toño Núñez.

O xurado decidirá nos vindeiro quince días as tres VILARIÑAS gañadoras, que recibirán as bonitas figuras deseñadas pola artista Viki Rivadulla, pezas únicas feitas a man e sen moldes exclusivamente para este certame.

Unha vez decidido o Fallo do xurado, todas as VILARIÑAS participantes serán editadas no #EstraperloCulturalia da web www.culturaliagz.com en formato PDF para a súa descarga gratuita.

Etiquetas