Guitiriz pon en marcha un servizo de atención psicolóxica a vítimas de violencia de xénero

O Concello de Guitiriz vén de poñer en marcha un servizo de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero. O servizo está dirixido a calquera que se atope neste tipo de situacións no concello guitiricense.

O horario de atención a aquelas persoas que precisen facer uso desta axuda será de 9:00 a 13:30 os luns, mércores e venres, e de 16:00 a 20:30 os martes e xoves, e tamén nos teléfonos 982 37 00 62 ou 600 08 14 43, e o lugar será na Casa Habaneira.

O programa no que se inclúe o servizo municipal de psicoloxía recolle, entre moitos dos seus obxectivos, millorar a situación persoal das mulleres vítimas e daquelas en situación similar, ademais da intervención e a atención ás persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade.

Etiquetas