O Pol, o Friol A e o Goiriz ascenden de categoría

O Pol conseguiu este domingo na casa o ascenso á Primeira Autonómica tras una clara vitoria ao Iberia na última xornada de Liga no grupo Norte. O equipo chairego sumou un total de 69 puntos en 30 partidos, dos que só perdeu 3 e empatou 6. O equipo, afeccionados e directiva festexaron este evento no propio campo y durante a noite.

O Pol súmase deste xeito ao Friol A, que sobe tamén á Primeira Autonómica dende o grupo Sur, pase conseguido matematicamente hai varias semanas xa que sumou un total 71 puntos con 11 de vantaxe sobre o seu perseguidor. O Friol A só perdeu 5 partidos e empatou 2 nunha segunda volta na que estivo invicto.

Tamén rematou a Promoción en Terceira Autonómica co Goiriz como flamante equipo de Segunda para a próxima tempada en ascenso directo. O Muimenta, que non conseguiu clasificarse para o grupo de Promoción pelexará este domingo co Guntín pola última praza de ascenso. O equipo de Cospeito deberá gañar para poder ascender xa que no partido de ida empataron a un gol.

As malas noticias son para o Xermade, que é o pechacancelas do grupo de Primeira Autonómica a falta de tres xornadas e ten moitas posibilidades de volver a Segunda o ano que vén. O Matela, pola súa conta, quedou fóra dos postos de descenso directo pero podería caer polos arrastres.

Etiquetas