Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte investirá 303.000 euros en obras e emprego

O Concello de Begonte investirá en diferentes accións un total de 303.00 euros, 291.000 correspondentes ao Plan Único da Deputación e 12.000 procedentes de fondos propios. 

Unha das primeiras accións será a contratación de persoal para a brigada de obras, ao que se destinarán 65.000 euros.

Un capítulo importante ocupará tamén a reparación de estradas de titularidade municipal nas parroquias de Cerdeiras, San Vicente, Bóveda, Damil, Uriz e Saavedra, obras que contarán cun orzmento de 60.000 euros.

Destinaranse tamén 48.000 euros para dotación de alumeado público nos barrios de Marco, Francés e outros na parroquia de Carral; así como rexeneración mediante aglomerado en quente en varias estradas: Torre, na parroquia de Trobo; Barrio e Eirexe, na parroquia de Felmil, e Vilapequena, na de Saavedra, por unha cantidade de 100.000 euros.

Para o Servizo de Axuda no Fogar destinaranse 22.000 euros e para actividades deportivas 17.000.