Vilalba Aberta dá continuidade ao seu ciclo de conversas coa veciñanza cun debate sobre benestar animal

A pouco máis de dous meses da última coincidente coa véspera da folga feminista e que o pasado 7 de marzo congregou a un bo número de veciños na Taberna A Lareira, esta nova parada das súas denominadas Palestras Abertas xuntará ás 19:30h de hoxe e desta volta no Hostal Restaurante Terra Chá, ao voceiro da Asociación Animalista Libera e da Plataforma Galicia mellor sen touradas, Rubén Perez Sueiras; á fundadora da asociación vilalbesa Os Peludiños, Tamara Cardoso e ao tamén fundador do proxecto Frente LA Santuario Animal de Vilalba, José Antonio Benito. Tres novos palestrantes ‘de excepción’ en palabras do edil asembleario Modesto Renda, que non ocultou a súa ledicia pola boa acollida que está a ter a iniciativa e polo interese mostrado por ámbolos tres convidados diante da posibilidade de ‘conversar e debater coa veciñanza vilalbesa acerca do benestar, a tenza responsable e a correcta integración animal nas contornas rural e urbana’.  Un ‘necesario debate pendente’, lembrou, para unha formación de marcado carácter animalista como é Vilalba Aberta.

Etiquetas