Xornada de portas abertas no IES Lois Peña Novo

O IES Lois Peña Novo celebrará unha xornada de portas abertas o vindeiro día 10 de maio na que se ten convidado a visitar o instituto aos grupos de alumnado dos institutos e CPI da comarca. Esta sesión estará en marcha dende as nove menos cuarto da mañá ata as nove e media da noite. A visita poderá tamén ser realizada a título individual por calquera alumno que o considere oportuno, vindo só ou na compaña de quen estime conveniente.

 

Etiquetas