O Concello de Vilalba convoca o XLIV Premio de Poesía

O Concello de Vilalba, co afán de estimular a creación poética, convoca o XLIV Premio de Poesía do Concello de Vilalba, enmarcado no Certame Literario anual. Dende a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba, fixeron públicas as bases para participar no certame.

O tema do traballo será libre e a súa extensión mínima será de 500 versos, e o premio deste certame poético é de 7000 euros, unha flor e un diploma.

Para participar, pódense enviar os traballos nun dos dous formatos: correo tradicional ou online, mediante un documento que se adxunta na páxina web do concello, a data límite é o 13 de xullo.

Podes consultar as bases no seguinte enlace.

 

Etiquetas