O Concello de Vilalba contará este ano cun orzamento de 12 millóns de euros

O Concello de Vilalba aprobou finalmente no último pleno os orzamentos cos que traballarán este ano e que ascenden a 12 millóns de euros, dous millóns menos que o ano pasado, no que se contabilizaron os atrasos do catastro,  valorados en 700.000 euros, e a partida de obras da prórroga do contrato coa empresa Espina y Delfin, concesionaria do servizo de augas, de 1,2 millóns de euros.

A característica máis importante dos orzamentos deste ano, tal e como explicou o alcalde, Agustín Baamonde, é a eliminación da débeda pendente, que ascendía a 800.000 euros, incluídos os créditos pendentes.

O total da amortización deste ano forma parte de dúas partidas, por unha banda, os algo máis de 400.000 euros destinados dos orzamentos anuais e outro tanto similar procedente das amortizacións de débeda financieira.

Para o alcalde, a eliminación da débeda implica unha boa xestión económica porque coas normas de estabilidade presupuestaria, malia ter remanentes de tesourería, os investimentos están condicionados a amortización da débeda. Con esta acción, o Concello poderá investir libremente eses remanentes en novas obras. De feito, Baamonde indicou que ten medio millón de euros en remanentes inmobilizados pola débeda que aínda non puido utilizar pero que quere levar xa ao próximo pleno para a súa reutilización.

A bonificación do IBI para os inmuebles adicados a explotacións agrarias ou gandeiras e declarados de utilidade social foi outro dos capítulos principais que se trataron no presuposto. A rebaixa deste imposto era unha das promesas do equipos de goberno e no proceso se presentaron 255 solicitudes de bonificación. Unha vez estudiadas unha por unha, o equipo de goberno admitiu 194 na súa totalidade e outras 44 parciais, mentres 20 delas foron rexeitadas porque non cumprían os requisitos para a bonificación do 90%.

Estas bonificacións supuxeron para os orzamentos municipais unha rebaixa de 19.000 euros que se deixan de recadar no capítulo de contribución. Como explica o alcalde “trátase dunha cantidade modesta” que aumenta notablemente coa aplicación da segunda medida municipal de rebaixa no IBI, que é a reducción do 0,50 ao 0,45 na cuota, que supón para as arcas municipais uns 200.000 euros que non se recadan.

O gasto en servizos sociais é outro dos capítulos nos que se fará un importante investimento. O ano pasado púxose en marcha a gardería e nos orzamentos resolveron o problema da unidade de alzeimer que se puxo a funcionar no asilo e vai a previsión para a posta en marcha da unidade terapéutica no edificio da antigua praza de Abastos, que fará as funcións de centro de maiores. Esta obra ter previsto estar rematada próximamente xa que só queda a colocación do mobiliario e licitar a xestión do mesmo.

A estas accións hai que sumar o SAF e os servizos de emerxencias, que levan en total un gasto de 3 millóns de euros.

No capítulo de Educación, Cultura e Deporte inxectaranse 2 millóns de euros.

No tocante a infraestruturas, o concello de Vilalba investirá un total de 600.00 euros en arranxo de camiños rurais. Esta cantidade súmase ao Plan Único da Deputación, que aporta 300.000 euros, e outras partidas de remanentes de Tesourería, tamén de 300.000 euros, así como o Plan de Camiños da Xunta de Galicia, que supón 280.000 euros máis.

Finalmente, outra das partidas principais é a de persoal, que conta con 2.700.00 euros de orzamento, un 20% do total. Segundo o alcalde, esta cantidade “non supón un gasto excesivo o que quere decir que temos unha plantilla ben dimensionada”.

Etiquetas