Dhogs acumula en Bilbao un novo premio cinematográfico

Dhogs, a ópera prima do director lucense Andrés Goteira gañadora de 13 Premios Mestre Mateo, continúa sumando galardóns. O último foi en Bilbao como Mellor Largometraxe do Panorama Fantástico do Festival Fant de Bilbao.

O sábado 12 a película proxectouse no Festival Primavera do Cine de Vigo e o próximo 17 de maio chegará o seu estreo comercial en salas:

CINEMA NUMAX (Santiago) 17 maio
ABELLA CINES (Lugo) 18 maio
MULTICINES NORTE (Vigo) 17 maio
CANTONES CINES (A Coruña) 18 maio
CINES DUPLEX (Ferrol) 17 maio
CINES VIVEIRO 17 maio
ZUMZEIG BARCELONA 18 maio
ARTISTIC METROPOL MADRID 25 maio

Haberá tamén pases de días concretos nas seguintes salas:

AS PONTES-CASA DOPESO 19 e 20 de maio
CINE SEIXO DE MARÍN Do 17 ao 20 de maio
BARCO DE VALDEORRAS-CINE LAURO OLMO 17 e 20 de maio
NOVOCINEMA LEIRO 17 de maio (2 pases este día)

Coproducida por Gaitafilmes e PixelFilms e coa colaboración de La Panificadora Estudios, foi financiada por máis de 300 pequenos inversores a través de micromecenazgo e foi subvencionada por Agadic e a Deputación Provincial de Lugo. Ademais conta cos patrocinios de Galipizza, Cervexa Áncora e o Concello de Meira e coa colaboración dos concellos de Viveiro, A Coruña, Oleiros, a Deputación da Coruña e a Deputación de Almería, entre outros.

O reparto do filme conta con destacados nomes do audiovisual galego como Antonio Durán Morris, Miguel de Lira, Carlos Branco, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas.

Etiquetas