O PAI da Pastoriza abre o prazo de reserva de praza

O Concello da Pastoriza vén de abrir o prazo de reserva de praza para pais, nais ou titores dos nenos e nenas matriculados e con praza no Punto de Atención á Infancia para a o curso 2018-2019. Esta poderá realizarse entre o 15 e o 31 e maio. Unha vez finalizado o mesmo, abrirase unha nova quenda de inscricións para novos solicitantes.

O centro conta con 15 prazas para nenos de entre 3 meses e 3 anos.

 

Etiquetas