Skip to main content
ActualidadeBegonte

Comeza a novena para a Romería da Virxe dos Milagres de Saavedra

Por 16 Maio, 2018Sin comentarios

O día 24 de maio celebrase un ano máis a romería da virxe dos Milagros de Saavedra, onde haberá misas durante todo o día no santuario begontino e os festexos serán amenizados pola Charanga Ardores, Orquestra Trébol, Noche de Estrellas e Bumerang.

Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa. A novena xa empezou e celébrase cada día ata o martes 22, a partir das 20.00h, co rezo do santo rosario, ao que segue a misa predicada polo párroco José Antonio Adrio.

O día propio dos Milagres, as cerimonias relixiosas serán dende as 7.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 18.00 a 21.00 pola tarde. O día 25 as misas serán de 12:30h a 20:30h, mentras que na fin de semana os horarios ampliaranse pola gran afluencia de público, así o sábado serán ás 11:30, 12:30,13:30 e 20:30h. Para o domingo están previstas misas ás 10:30h, 11:30h,12:30h e 13:30h. Aínda que o día grande en Saavedra é o 24 de maio, a fin de semana seguinte haberá máis festexos na honra á virxe dos Milagres.

Estas xornadas contarán tamén con animación musical o día 24 coa Charanga Ardores na sesión vermú, o sábado 26 coa orquesta Trébol e Noche de Estrellas, e o domingo 27 será o turno do grupo Bumerang. Tamén, haberá servizo de comidas no campo da festa, ademais doutros postos tradicionais desta romaría, como os de rosquillas.