Detido na Pastoriza por conducir sen o permiso

A Garda Civil imputou en calidade de investigado no término municipal da Pastoriza a un veciño de Riotorto de 46 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade vial.

A persoa investigada foi identificada cando conducía un turismo pola estrada LU-P-4401, no punto quiloméetrico 1,8, cando se atopaba privado do permiso de condución por sentenza do Xulgado de Instrución nº 2 de Santiago de Compostela.

A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

 

Etiquetas