Skip to main content
ActualidadeCospeitoVilalba

Investigan a un veciño de Cospeito por unha agresión á saída dunha discoteca de Vilalba

Por 17 Maio, 2018Sin comentarios

A Garda Civil tamén imputou en calidade de investigado na localidade de Vilalba a un veciño de Cospeito de 24 anos de idade como suposto autor dun delito de lesións.

Os feitos ocorreron en torno ás 06.30 horas do pasado día 15 de abril nos exteriores dun pub da localidade de Vilalba, cando se produciu unha agresión á persoa denunciante, o cal dada a gravidade das lesións foi evacuado en primeira instancia ao HULA, sendo derivado porteriormente a un hospital da Coruña.

A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.