A Deputación aumenta o seu orzamento para iniciar as obras na residencia de Guitiriz

O Goberno da Deputación presentou ao Pleno unha proposta de incorporar 4,2 millóns de euros de remanentes ao Goberno da Deputación presentou este martes ao Pleno unha proposta de incorporar 4,2 millóns de euros de remanentes ao Orzamento da Deputación de 2018 como novos investimentos na provincia para este ano. O Presidente, Darío Campos Conde, explicou que estes fondos permitirán poñer en marcha importantes proxectos como o inicio das obras da residencia na Casa da Botica de Guitiriz, a dotación dun carril bici no Paseo do Rato ou unha nova edición do plan de axudas a profesionais do sector agrogandeiro dirixidas á recuperación de terreos baldíos para a súa produción.

Os investimentos aprobados hoxe nas sesión plenarias son os seguintes:

– 600.000 euros son para a dotación dun carril bici ao Paseo do Río Rato, en Lugo; un proxecto polo que apostan o Presidente e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e que apoian e pediron os veciños do Concello lugués. Estas obras engádense ás de máis de 700.000 euros coas que se está a dotar ao Paseo do Río Rato de alumeado público.

– 300.000 euros é o presuposto para este ano das obras de construción dunha residencia na Casa da Botica de Guitiriz que se van a pór en marcha.

– 300.000 euros para a reedición das axudas para que profesionais do sector agrogandeiro recuperen terreos actualmente baldíos e os poñan en produción, favorecendo o desenvolvemento da súa actividade.

– 200.000 euros para dotar dunha canceira á zona Sur da provincia, que dea servizo a 22 Concellos e que se construirá en Monforte de Lemos.

– 250.000 euros para un plan de sinalización intelixente que potencie o turismo.

– 100.000 euros para recoñecer e colaborar co Breogán, Emeve e o Ensino, os clubes deportivos da provincia que acadaron ascensos á máxima categoría.

– 100.000 euros para un plan de marquesiñas no rural.

– 50.000 euros para un plan de dotación de desfribriladores nos Concellos.

– e 2,3 millóns de euros para transferencias aos Concellos en base ás súas necesidades. Estes fondos súmanse aos 21 millóns do Plan Único de 2018, aprobado tamén hoxe no Pleno, que permitirán nos municipios a execución de 310 obras, a xeración de 240 novos empregos, o financiamento de 200.000 horas de atención profesional aos maiores co Servizo a Domicilio a persoas non dependentes; a celebración de 79 citas turísticas, 44 culturais e 82 deportivas; o reforzo da administración electrónica ou o mantemento dos Grupos de Protección Civil nos Concellos de Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, Pol, A Pontenova, Ribas de Sil, Trabada e Xermade.

Pazo dos Deportes

O Pleno tamén aprobou a proposta do Goberno da Deputación para a aprobación definitiva da concesión demanial do Pazo Provincial dos Deportes a favor do Club Baloncesto Breogán. Esta cesión terá unha duración de 30 anos e permitirá ao club celeste cumprir cos requisitos económicos da FEB para acceder á máxima categoría do baloncesto nacional, a ACB. Ademais, garante o uso desta infraestrutura ao resto de clubs lucenses que empregan o Pazo entre os que se atopan o CB Ensino, Estudiantes, Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, SDC Garabolos, Federación Galega de Baloncesto, USC Lugo, CB Cidade de Lugo, Baloncesto Franciscanos Lugo, Club Balonmán Lucus, Club Muralla Rugby, Club Loita Lugo, Asociación Deportiva Judo Muralla, Club Loita Vilalba, Taekwondo Sanxiao, Club Squash Muralla de Lugo, Club Squash Mostruíños…

Aprobada a RPT

O Goberno da Deputación volveu presentar a mesma proposta da RPT acordada por unanimidade polos sindicatos logo de que estes presentasen un recurso contra o acordo plenario contrario á mesma por parte da oposición. Finalmente foi aprobada, logo de que o PP e BNG cambiasen por terceira vez o sentido de seu voto, absténdose no primeiro caso e votando a favor no segundo. O PSOE sempre a apoio, respectando o acordo unánime, por primeira vez na historia da Deputación, de todos os representantes sindicais na institución ao respecto.

 

Etiquetas